O BNG demanda que os cribados se realicen en Redondela.
Instan a que o Concello, poña a disposición do SERGAS, espazos para levar a cabo probas PCR. Aducen a necesidade de “garantir a proximidade á veciñanza, co fin de que as probas arroxen maior fiabilidade”.
Durante as semanas pasadas, alumnado do 3º da ESO, xunto aos de 1º e 2º de Bacharelato do IES Mendinho de Redondela, realizaron probas PCR, por mor dunha vaga detectada. “Ao ter que desprazarse ata os hospitais Meixoeiro ou Álvaro Cunqueiro, colaboraouse na sobresaturación das probas, chegando a ter que agardar ata hora e media sobre a cita concertada”, asegura o voceiro do BNG, Xoán Carlos González.
“Existen numerosos exemplos de realización de probas no propio concello, como no caso de Soutomaior. Demandamos que tamén se realicen en Redondela”, entende o edil nacionalista. Con tal motivo, dirixíuse por escrito á alcaldesa de Redondela, para que xestionara coas autoridades sanitarias un cribado masivo no concello. Tamén solicitábase “que se dispuxera de locais municipais para facilitar esta labor”.
Segundo o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, “outra das cuestións que xustifican esta petición refírese a que a realización dos cribados no concello, tamén se aliviaría a presión á que se está sometendo as probas PCR nos hospitais públicos da nosa área”.
Dende o BNG, consideran que se debe facilitar a proximidade da veciñanza á realización dos cribados, co que aumentaría a participación, o que levaría a unha maior fiabilidade. Redondela atópase dende hai semanas nunha situación estremadamente grava, sinalan