O BNG demanda maiores medidas de seguridade viaria en Vilar.
Prantexamos que se amplíe a obra outros 200m, xunto a melloras de protección de peóns.
Publicado o Proxecto de Ampliación da Estrada Provincial EP 2906 ao seu paso pola parroquia de Vilar, o Bloque Nacionalista Galego, considerou necesario incluír unha serie de melloras.
Segundo expresou a voceira nacionalista, Cecilia Pérez, estamos moi preocupados pola situación na que pode quedar a estrada. Consideramos que a ampliación é moi necesaria, mais pola propia conformación da mesma, podería converterse nun vial moi perigoso.
O BNG apoiou no Pleno a obra, posto que cumpre coas demandas veciñais, para a que o concello aporta 200.000. Unha vez estudado o Proxecto, observamos que unicamente se van sinalizar tres pasos de peóns. Tendo en conta que practicamente se vai tratar de dúas rectas, por mor da intensidade de vehículos, a reforma da estrada pode traer máis problemas que beneficios, afirma a nos voceira.
Encontro coa AA.VV. De Vilar.
Nunha xuntanza con membros da AA.VV. De Vilar, o Grupo Municipal do BNG expresoulles a súa preocupación porque no Proxecto somentes veñan sinalizados tres pasos de peóns, nun treito dun quilometro e medio, que practicamente son dúas rectas. Tampouco queda claro, se se trata de lombos, para reducir a velocidade ou non.
Segundo manifestou Cecilia Pérezcómpre garantir as máximas condicións de seguridade para os veciños e veciñas da zoa. Unha zoa con varios cruzamentos, con un parque infantil preto da estrada, e varios negocios de hostalaría, Centro Cultural, e mesmo varias empresas nas inmediacións.
Outra das cuestións que chamou a atención da organización nacionalista, refírese a que arredor duns cen metros da zoa urbana non van ser urbanizados. Imos solicitar que estes veciños e veciñas poidan gozar igualmente de beirarrúas, como todos os que viven a carón da EP 2906.
Consello Parroquial
A voceira nacionalista expuxo a necesidade de debater con todas as asociacións parroquiais este Proxecto no Consello Parroquial. Antes de que se publicitara o Proxecto da Estrada, o goberno de Javier Bas debería presentarllo ás asociacións e forzas políticas para que se incluíran as aportacións que consieraran, mais non foi así.
Amosou a súa satisfacción Cecilia Pérez, polo feito de que a única infraestrutura que non se vai cambiar vai ser a de saneamento, posto que a concellería de medio ambiente, no anterior mandato, iniciou as obras, cun investimento duns 270.000. Isto ben a demostrar que a presenza do BNG nun goberno municipal, móvese en interese dos veciñ@s planificando e priorizando infraestruturas.