O BNG demanda no Parlamento melloras no Centro de Saúde de Redondela

IMG_20260410_125501
Xoán Carlos González, "exiximos ao goberno galego que garanta unha atención sanitaria acorde ás necesidades dos nosos veciños e veciñas" .
O BNG demanda no Parlamento melloras no Centro de Saúde de Redondela
A caótica situación que está a vivir o Centro de Saúde de Redondela segue a afectar a centos de veciños e veciñas que vén deteriorada a atención sanitaria. Con citas para atención ordinaria con listas de agarda de ata trinta días. Unha mermada presenza de médicos e médicas ao non cubrir nin baixas nin periodos vacacionais. Trátase dunha deixadez absoluta por parte da Xunta de Galiza que abandona á súa sorte á sandidae pública no noso concello, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.
O colapso do servizo chegou a situacións extremas, onde dos doce facultativos que deberían prestar o seu servizo só catro estiveron en activo. Non se crubriron nin as baixas, nin os periodos vacacionais. Trátase dunha situación que se repite no tempo sen que a Xunta poña os recursos necesarios para darlle solución, afirma.. 
O desinterese amosado por responsábeis da Xunta, a falla de planificación e previsión supuxeron que en varias xornadas, no Centro de Saúde de Redondela, non houbera médicos e médicas que atenderán aos e ás doentes polas tardes, sinala Xoán Carlos González. Volvemos a padecer a desidia dun goberno galego ao que nin lle interesa a sanidade pública, nin lle interesa a atención primaria.
Califica a situación de extremadamente grave a sufrida polas persoas que queren ir ao seu Centro de Saúde a tratarse de divesas doenzas, e carecen dun servizo básico, afirma Xoán Carlos González. 
Dende o Bloque Nacionalista Galego, presentaron diversas iniciativas no Parlamento Galego. Por unha parte solicitaron nunha proposición non de lei para debater na comisión de sanidade, alén de forzar ao goberno galego a poñer solucións sobre a mesa. A iniciativa presentada poloa organización nacionalista, prevé que se dea conta no Pleno do Parlamento da nefasta situación do Centro de Saúde redondelá. As iniciativas asinounas a deputada Carmela González Iglesias.
Finalmente fai un chamamento a sumarse ás mobilizacións convocadas para o martes 14 de abril diante do Centro de Saúde a partires das oito da tarde. Somentes se hai presión na rúa por parte do conxunto da veciñanza, a Xunta vai poñer solucións á nefasta situación da nosa atención primaria, remata na súa nota.
O BNG demanda no Parlamento melloras no Centro de Saúde de Redondela