O BNG impulsará a recuperación de espazos públicos para a veciñanza

IMG-20260414-WA0000
Torreiro de Cesantes que se solicita humanizar
Pequenas prazas ou cruces de camiños que se deben aproveitar como puntos de encontro vecinal tanto nas parroquias como nos cascos urbanos
O BNG impulsará a recuperación de espazos públicos para a veciñanza
A necesidade de volver a convivir e recuperar lugares e espazos públicos en Redondela estase a converter nunha necesidade e nunha obriga. Dende o concello débense desenvolver políticas con fondos económicos asignados a esta demanda que a veciñanza redondelá nos transmite a cotío.
Dispoñer de pequeñas prazas, praciñas, cruces de camiños onde mitigar ou eliminar o tráfico de vehículos. Lugares onde a xente dispoña de un entorno onde atoparse con veciños e veciñas, onde as familias poidan estar cos seus fillos e fillas, onde as persoas con mobilidade reducida exerzan o dereito a desfrutar co resto de veciñanza.
En diálogo co mobemento asociativo e vecinal das parroquias de Redondela impulsaremos dende o Bloque Nacionalista Galego, un novo concepto de rúas e de barrios. Espazos comúns e lugares onde se poida crear parroquia, se poidan compartir preocupacións, vivencias, diálogo e axudas. 
Coincidimos e apoiamos as recentes manifestacións do Obradoiro Fernando Monroy de Estudios Locais, de Cesantes que publicitou a súa proposta de recuperar a praza. Inversións que non son de grande orzamento económico, mais si de grande impacto social.
O BNG impulsará a recuperación de espazos públicos para a veciñanza