O PP de Redondela actúa como unha apisonadora no pleno de marzo

IMG_20260407_143834
O PP de Redondela vota en contra da moción polo 8M
Impuxeron a súa maioría votando en contra dunha moción do BNG sobre o 8M, e doutra sobre a situación do ensino público en Redondela.
O PP de Redondela actúa como unha apisonadora no pleno de marzo
O de marzo converteuse nun dos plenos máis estranos do mandato pola situación moi minoritaria do equipo de goberno, motivada polas baixas xustificadas de dous dos seus integrantes. Servíulle ao Partido Popular para actuar como auténtica apisonadora exercendo a súa maioría puntual de dez. Damnificadas; a denuncia da situación de desigualdade das mulleres no eido laboral, e a denuncia do deterioro do ensino público en Redondela.
A concelleira do BNG Jésica García Cruz, defendeu unha moción sobre a situación do mercado laboral, da necesidade de defender os dereitos das mulleres ao acceso en condicións de igualdade a postos de traballo de calidade. Poñer en valor o ensino público denunciando o seu deterioro por parte da Xunta en Redondela e específicamente sobre o alumnado con necesidades de apoio educativo, encargouse de debatela o voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo.
Servíu este pleno para demostrar que aqueles e aquelas que sigan opinando que un goberno en maioría de Javier Bas e o Partido Popular pode ser positivo para Redondela, sería un grave erro. Demostrouse que este partido só obedece aos intereses partidistas, e particulares en contra dos intereses da maioría da poboación. Quedou ben claro que a volta dun goberno de Javier Bas suporía unha involución a todos os niveis do noso concello.
O PP de Redondela actúa como unha apisonadora no pleno de marzo