O BNG defende no pleno compromisos coa paz e a desmilitarización
O PSOE conta co apoio do PP na mesma liña de defensa, rexeita as propostas nacionalistas en defensa da poboación e contra o discurso militarista.
31 mar. 2026 - 11:13
1. Expresar a oposición á utilización do territorio galego e das súas infraestruturas con fins militares ou de apoio a operacións bélicas.
2. Instar ao Goberno do Estado, á Xunta de Galiza e á Unión Europea a adoptar medidas urxentes para mitigar o impacto económico e social da guerra, mediante o control dos prezos da enerxía, dos alimentos e dos bens básicos; o apoio aos sectores produtivos estratéxicos, como o agro, a gandaría, a pesca e as pequenas e medianas empresas; e o reforzo das políticas públicas e prestacións sociais destinadas a protexer ás maiorías sociais.
3. Apoiar a mobilización social en favor da paz e contra o militarismo, e nomeadamente a manifestación nacional convocada o vindeiro 30 de maio en Vigo, promovéndoa a través de todos os medios ao alcance do goberno municipal.
4. Demandar ao goberno español que poña fin de maneira definitiva á presenza militar norteamericana en territorio español, á utilización do territorio galego como base de infraestruturas e actividades da OTAN e reclamar a saída do Estado español da OTAN.
Estas foron as emendas do Bloque Nacionalista Galego á moción do Partido Socialista sobre o conflicto en Oriente Medio. Estas foron as emendas do Bloque Nacionalista Galego rexeitadas polo Partido Socialista.
Ao longo do debate plenario o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González Campo acusou ao PSOE de cinismo e doble vara de medir os diversos rexímenes totalitarios da rexión.
Considerou de doble moral, que o goberno do estado fale do non á guerra mentras vai a adicar o 5% do PIB a defensa, ou defende o discurso da volta do servizo militar obrigatorio. Demandou o voceiro do BNG a saída da OTAN, ademáis de rexeitar o desfile do exército que se vai celebrar en maio na cidade de Vigo.
Pedía nas emendas rexeitadas polo PSOE, medidas concretas en beneficio da meirande parte da poboación, quen vai sufrir a medio e longo prazo os efectos do conflicto bélico.