O BNG plantexa recuperar a industria do téxtil en Redondela
A iniciativa presentouse no marco dos actos da organización nacionalista nos 40 anos de TELANOSA.
31 mar. 2026 - 11:09
No marco de diversas iniciativas desenvolvidas polas nacionalistas no concello redondelán con motivo do Marzo Muller Traballadora, lembrouse á empresa TELANOSA.
Tras o colapso da empresa diferentes foron as fórmulas que se desenvolveron en Redondela e bisbarra, algunhas delas con maior ou menor fortuna. Todo ese capital humano, catro décadas despois está desaparecendo e estase perdendo, afirma a concelleira nacionalista Jésica García.
No marco das xornadas organizadas polo BNG de Redondela sobre os 40 anos de TELANOSA, García anunciou que un dos obxectivos de traballo dende un goberno nacionalista residirá en recuperar esa tradición do téxtil no noso concello. Daremos os pasos necesarios para recuperar este potencial, a traverso da formación co obxectivo de crear pequenas e medianas empresas que recuperen este sector, afirmou ante os e as alí congredas
Xurdida a partires do grupo Regojo, TELANOSA constituíuse a partires aportacións económicas de centos de mulleres traballadoras a mediados dos anos oitenta. Malia un capital de catrocentos millóns de pesetas, o fracaso da iniciativa cooperativista supuxo a morte definitiva da grande empresa do téxtil redondelá.
Facenda embargou as contas de ducias de mulleres. As mobilizacións sociais, manifestacións, corte de tráfico e mesmo do transporte da vía férrea, levaron a unha situación loita nas rúas durante moitas xornadas da Vila dos Viaductos. Hoxe daquela factoría, só queda en pé a chimenea rodeada de edificios residenciais.