Visita do BNG ao edificio patrimonial Vila Elisa

IMG-20260320-WA0025
Visita do BNG a Vila Elisa.

Xoán Carlos González "Este edificio tén unha clara vocación de contedor da riqueza cultural e patrimonial do noso concello”

 

Visita do BNG ao edificio patrimonial Vila Elisa
Coa finalidade de coñecer in situ as posibilidades dun ben adquirido recentemente polo concello de Redondela co apoio do Bloque Nacionalista Galego, un grupo de membros da organización nacionalista realizaron unha visita a Vila Elisa.
Nela certificouse a necesidade dunha importante inversión de grande relevanza para poder incorporalo como infraestrutura cultural de Redondela. A vizosa e ampla bagaxe da nosa historia van permitir que se empregue para diversos contidos patrimoniais e culturais.
Segundo palabras do voceiro nacionalista, Xoán Carlos González o edificio  tende claramente a converterse en museo onde recoller parte do patrimonio redondelá. Neste sentido asegurou que podería servir tanto de museo para a obra pictórica de Ángel Barros, como do MUDHAR, ou da nosa proposta do Obradoiro do Títere.
Recordou que entre as propostas presentadas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2026 incluíuse unha partida para a reforma deste edificio. Novamente o Partido Popular votou non á nosa proposta. Unha nova evidencia de que dende a Xunta e dende o PP, négaselle a Redondela unha nova posibilidade de reforzar o seu protagonismo na bisbarra.
Visita do BNG ao edificio patrimonial Vila Elisa