O BNG demanda urxentemente medidas de seguridade viaria no IES Chapela

IMG-20241021-WA0005
Situación actual do entorno do IES Chapela
Jéssica García presentou un escrito para a sinalización dun paso de peóns e peoas no acceso ao Instituto.
O BNG demanda urxentemente medidas de seguridade viaria no IES Chapela
As obras de reposición da ampliación da AP-9 en Chapela, continúan sendo unha rompedora de cabeza para a veciñanza en xeral e para os alumnos e alumnas do IES en particular.
Nunha recente visita á zona, a concelleira nacionalista Jéssica García puido comprobar como “malia levar mes e medio de periodo lectivo, non se repuxo o paso de peóns e peoas no acceso ao Instituto”. Considera que se trata dunha situación de potencial perigo para a seguridade dos mozos e mozas. 
“Trátase dunha medida de seguridade viaria, menor mais que reviste unha grande importancia posto que nun cruzamento duns 12 metros de ancho, non se pode camiñar con seguridade”, valora. 
Entende que se se se agarda ao remate das obras para sinalizar este paso poderían pasar moitas semanas. “Por iso en nome do BNG presentei un escrito para que con urxencia se repoña este paso de péon e peoas”, insistiu Jéssica García
O BNG demanda urxentemente medidas de seguridade viaria no IES Chapela