O BNG denuncia a exitencia de simboloxía fascista en concellos da comarca de Vigo.
O BNG agradece a colaboración cidadá na localización de símbolos do franquismo
O BNG levará a cabo as accións precisas para demandar que os concellos onde exista aínda este tipo de simboloxía, como nos casos documentados de Vigo, Nigrán e Baiona, procedan a súa retirada e insten a outras administracións e particulares a facer o mesmo, tal e como establece a lei, dando deste xeito resposta aos sentimentos democráticos da cidadanía.
A permanencia de simboloxía fascista nos nosos concellos supón un insulto á memoria da xeración de galegas e galegos que sufriron o franquismo por defenderen a liberdade e os dereitos democráticos e nacionais do pobo galego, á memoria daqueles aos que lles arrebataron a vida, torturaron, privaron de liberdade ou sufriron o exilio, para as cales desde o BNG esiximos a súa plena rehabilitación.
Neste sentido, convén lembrar que a Lei da Memoria Histórica obriga a retirar dos espazos públicos todo símbolo ou mención conmemorativa de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura.
O BNG da comarca de Vigo quere facer públicas as fotos-denúncia recibidas dentro da campaña que, baixo o lema Fascismo Nunca Máis, animou durante os meses de setembro e outubro a colaborar con nós na localización de simboloxía fascista aínda existente nos concellos da comarca.
Por último, dende o BNG queremos expresar o noso agradecemento a todas as persoas que nos remitiron as seguintes fotografías (indícase localización e data de obtención):
1.- Cruz do Castro. Vigo. 28 de setembro de 2014.
2.- Placa do Templo Votivo de Panxón. Nigrán. 19 de setembro de 2014.
3.- Inscrición na ex-Colexiata. Baiona. 20 de outubro de 2014.
4.- Inscrición na fonte subida Virxe da Rocha. Baiona. 20 de outubro de 2014.
5.- Inscrición lavadoiro no río Groba. Baiona. 20 de outubro de 2014.
6.- Placa fachada cemiterio. Baiona. 24 de setembro de 2014.
7.- Placa nas vivendas sociais rúa Ramiro Pascual en Matamá. Vigo. 24 de setembro de 2014.
8.- Escudo na fachada do Instituto Sta. Irene. Vigo. 25 de setembro de 2014.
9.- Escudo fachada edificio de Aduanas. Vigo. 28 de setembro de 2014.
10.-Placa grupo de vivendas sociais en Vilar. Vigo. 26 de setembro de 2014.
11.- Escudo fachada edificio sindicato de estibadores. Vigo. 28 de setembro de 2014.
12.- Inscrición en fonte camiño das Barreiras na Ramallosa. Nigrán. 29 de setembro de 2014.
13.- Placa na rúa Aragón nº 216. Vigo. 29 de setembro de 2014.