O BNG exixe a Urbaser o cumprimento do contrato de recollida do lixo.

IMG-20240304-WA0001

Xoán Carlos González, “A empresa debe garantir o cumprimento do contrato para contar co noso apoio na suba das aportacións do concello”.

 

O BNG exixe a Urbaser o cumprimento do contrato de recollida do lixo.
Como era preceptivo o goberno municipal levou a Pleno a actualización de prezos que o concello debe aboar a Urbaser pola recollida do lixo. Na proposta prantexábase una suba mensual de 9.693€. Deste xeito a empresa recibirá do organismo municipal ata 116.320,79€ mensuais.
Ao longo da súa intervención o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González Campo recordou que nos últimos anos a Urbaser abríuselle un expediente de penalidades por incumprimento de contrato. Finalmente os xulgados déronlle a razón á empresa. Igualmente repasou varios incumprimentos por parte da empresa nos últimos anos como a falla de limpeza de contenedores, a non reposición dalgún deles ou mesmo a falta de recollida nalgunhas parroquias despois de días festivos.
Puxo enriba da mesa o edil nacionalista que por outra banda o concello estalle a pagar á empresa “parte da recollida dun lixo que xa lle obriga o contrato como os electrodomésticos, enseres, colchóns e mobles”. Segundo a información de que dispón unha media de 4.000€ mensuais. “Agravándose a situación porque este proceso selectivo realízase en terreos municipais”.
Considerou finalmente o grupo do BNG que estas exixencias deben ser cumpridas para poder contar co seu apoio. “Trasladamos ao Pleno a voz e o malestar de parte da veciñanza que nos traslada o seu malestar pola mala recollida do lixo”, sinalan finalmente.
O BNG exixe a Urbaser o cumprimento do contrato de recollida do lixo.