Para o BNG o goberno de Javier Bas non ten vontade para enfrontar a problemática do tráfico.

Para o BNG o goberno de Javier Bas non ten vontade para enfrontar a problemática do tráfico.

Apostamos por un Plano de Mobilidade que fomente o transporte público.

Inicios do ano 2014, e o goberno municipal de Javier Bas segue sen elaborar un Plano de Tráfico para o concello de Redondela, tal e como llo solicitamos a mediados do 2012 o grupo municipal do BNG. “Unha nova promesa incumprida, que non agocha máis que a incapacidade e falla de vontade do goberno municipal por afrontar dunha vez por todas, esta problemática”.

As declaracións do concelleiro de tráfico certifican que se trata dun goberno que actúa dende a improvisación e sen planificación. “ A súa credibilidade vai dimiuíndo a cada paso que dan”, segundo expresou o concelleiro Xoán Carlos González.

No caso concreto de Chapela tiveron máis de dous anos para iniciar o estudio que agora si parece que van realizar.  “Queda claro que a única fórmula que barallan radica en que o tráfico rodado se vaia regulando por si só”.

Nunha parroquia cunha orografía tan complexa, con viais de titularidade estatal que, directamente ou polas afeccións, causan un prexuízo aos veciños e veciñas, cómpre facer un traballo cos colectivos de maior incidencia, como o caso da AA.VV.

Aínda que se trata dunha problemática difícil de afrontar, dende o BNG insistimos en que trátase de educar para cambiar os hábitos. Fomentar o transporte público, que en Chapela está lastrado pola falla de estación de tren ou pola problemática do bono de Vitrasa; campañas para compartir o coche,  o uso da bicicleta ou desprazamentos a pé, deben ter cabida nun verdadeiro Plano de Mobilidade. “ No momento en que de verdade teñan vontade para abordar a problemática do tráfico, tendo en conta os puntos arriba recollidos, van contar coa colaboración do BNG para estudalo. O que non imos é a exercer de comparsas do goberno de Javier Bas”, sentencia o concelleiro nacionalista.

2009-10-08_IMG_2009-10-08_21-29-17_imagen-dsc_0160

Para o BNG o goberno de Javier Bas non ten vontade para enfrontar a problemática do tráfico.