O BNG inicia a Campaña, nun ambiente de optimismo e confianza.
O candidato á alcaldía, Xoán Carlos González, afirma que se abren as portas para que o nacionalismo abandeire o goberno municipal en Redondela. Políticas de benestar, protagonismo das parroquias, diálogo permanente con colectivos e asociacións, posta en valor das potencialidades de Redondela, eixo do Programa que presenta o BNG.
Ás doce da noite, iniciouse formalmente a Campaña das Municipais. Ante a previsión do intento das dúas grandes forzas PP e PSOE, de tentar varrer ao nacionalismo, o esforzo e o compromiso militante, van ser a base destes intensos quince días.
Xoán Carlos González, considera que se trata dunhas eleccións moi abertas, nas que previsibelmente non se vai dar un panorama de maiorías absolutas, e no que o BNG aspira a liderar un goberno alternativo.
Puxo en valor o candidato o reto que vai supoñer unha Campaña moi austera, sen estridencias, nin gastos desorbitados, como sempre fixemos, pero agora máis acentuado, no que vai primar o contacto e encontro directo cos veciños e veciñas en Redondela. Estamos moi tranquilos posto que durante os últimos anos temos demostrado a nosa capacidade de traballo, e de consolidar unha opción alternativa ao bipartidismo, considera o Candidato.
Chamamos á mobilización do capital humano que atesoura Redondela, que ten capacidade para traballar polo conxunto da veciñanza. O apoio ao BNG, garante un verdadeiro apoio ás demandas sociais e colectivas, afirma, Xoán Carlos González.
Nestes quince días, van ser uns 20 actos os que vai desenvolver a organización nacionalista por todas as parroquias de Redondela. Coñecemos as problemáticas que están a asfixiar aos nosos veciños e veciñas. Non imos a enganalos como salvapatrias, mais si que van contar co esforzo do nacionalismo, para facer fronte á crise imposta polo PP, que está a destruír as febles piares do benestar, remata o Candidato do BNG, Xoán Carlos González.?#?dependedenós?