Javier Bas renunciou ás subvencións para colectivos en risco de exclusión social.

Javier Bas renunciou ás subvencións para colectivos en risco de exclusión social.

Xoán Carlos González, considera inxustificado que o goberno de Javier Bas renunciara ás subvencións para colectivos en risco de exclusión social.

“Non se optou a desenvolver proxectos, porque no ADN do Partido Popular, non se contempla esta tipoloxía de actuacións”, afirma. Considera, que a incompetencia da concelleira Teresa París, e a deixadez de Javier Bas, levaron ao colapso dos servizos sociais .

En marzo publicábase a Resolución da Consellaría de Traballo, na que se anunciaba cales serían os concellos galegos beneficiarios de axudas. En base á convocatoria de subvencións dos programas de actuación con colectivos como poboación xitana, inmigrante e outras en risco de exclusión social, nomeadamente perceptoras de RISGA.

“Dende o Grupo Municipal do BNG, solicitamos que se nos informara dos motivos polos que o concello de Redondela, non saía entre os beneficiarios destas subvencións. Despois de varias semanas, sen que se nos dera resposta, a conclusión é ben sinxela: Redondela, non optou a ditas axudas”, considera Xoán Carlos González.

Na valoración que se fai desta situación responsabiliza directamente ao alcalde Javier Bas, de amosar o maior desinterese neste tipo de actuacións. “Non pode mirar para outro lado. Non pode ser que colectivos que en Redondela teñen unha presenza relevante, carezan dunha actuación integral, que lles permita afrontar a súa situación familiar”.

Xoán Carlos González valora moi negativamente que se renunciara a desenvolver programas específicos con determinados grupos en claro risco de exclusión social. “Redondela, cuarto concello da provincia, non debería renunciar a desenvolver programas para incidir en determinados grupos sociais, que presentan problemáticas moi concretas. Debe seguir sendo un Concello referente no País, nesta área”, afirma.

Detense na súa valoración, ao afirmar que concellos de menor entidade, e próximos a Redondela, recibiron entre 25.000 e 35.000€, en función dos proxectos presentados.

Para o concelleiro do BNG, “os veciños e veciñas e Redondela, deben ser conscientes que o goberno de Javier Bas, considera os servizos sociais como unha concesión, non como o exercicio de dereitos. Para nós vai ser unha prioridade, volver a poñer o departamento como bandeira do traballo do Concello”.

Xoan Carlos González, concelleiro do BNG en Redondela.

 

Javier Bas renunciou ás subvencións para colectivos en risco de exclusión social.