O BNG-AA preséntalle ás ANPAs, o seu Programa de Goberno.
Nunha xuntanza mantida con representantes destes colectivos, membros da candidatura nacionalista, esbozaron os eixos básicos da política de ensino. Trátase dunha das áreas de acción social, de maior repercusión no conxunto da sociedade.
Malia tratarse dunha área na que a maioría das competencias, están en mans da Xunta de Galiza, existe campo para poder actuar dende o goberno municipal, segundo palabras de Ana Santomé, candidata nº4. No encontro que tivo lugar no Multiusos da Xunqueira, prantexáronse algúns dos eixos básicos da actuación do BNG no goberno municipal:
Dende o BNG seguiremos apostando por un ensino público, de calidade, laico, en galego, nos que se promovan os valores do coñecemento, a igualdade, a solidariedade e a paz, o respecto ás diferenzas.
No encontro mantido entre representantes das ANPAs, con representantes da candidatura do BNG-AA, Xoán Carlos González, Anxo Lusquiños e Ana Santomé, púxose enriba da mesa a reválida que se lles vai a pasar ao alumnado de terceiro curso, en vindeiras semanas. O candidato á alcaldía polo BNG-AA, recordou que esta proba nace da LOMCE, lei apoiada polo goberno de Javier Bas, cousa que un alcalde nacionalista en Redondela nunca faría.
Programa de ensino: