Nova agresión ao noso patrimonio etnográfico, auspiciada polo goberno de Javier Bas.

Visita de Xoan Carlos González e Pilar Sotelino ao cruceiro do Esteiro.
Nova agresión ao noso patrimonio etnográfico, auspiciada polo goberno de Javier Bas.

Neste caso trátase das diferentes actuacións realizadas no “Peto de Ánimas da Ponte do Esteiro”. O asfaltado da estrada, aplicación de cemento, e chantarlle un indicador da Vía Romana XIX, actuaron moi negativamente, nun cruceiro xa moi danado.

Trátase dun singular elemento situado no barrio de O Coto, en Cesantes. Este cruceiro caracterízase por ser unha combinación de cruceiro e peto de ánimas. Na actualidade soamente se conserva a base.

Poida parecer que se trata dun elemento insignificante, mais a actuación nel desenvolvida, reflexa o desinterese do goberno de Javier Bas polo noso patrimonio etnográfico.

Recentemente leváronse a cabo unhas obras de asfaltado da estrada do camiño do Campo de Fútbol. Unha obra contratada polo Concello de Redondela, con fondos da Deputación. A situación da base deste “monumento” de carácter popular, xa estaba moi danada. As obras de asfaltado supuxeron agravar a situación. O piche chegou a tocar a propia base, cubrindo parte da mesma. Xusto na zoa onde se poden distinguir tres figuras humanas.

Para agravar a situación outra parte da base, empregouse cemento. Finalmente chantouse un indicador da Vía Romana XIX, Camiño de Santiago, sen ningún tipo de criterio. Trátase dunha nova mostra, da desidia coa que o goberno de Javier Bas actúa co noso patrimonio cultural.

Ocupar parte da base do cruceiro de A Raíña, en Cedeira; utilizar máquinas de presión para chorrear petos de ánimas ou cruceiros; permitir que ADIF deteriorara o Viaduto a Pontevedra; ou o deterioro do Cruceiro e Peto de Ánimas do Esteiro, constitúen exemplos clariños da consideración co que o goberno de Javier Bas actúa co noso patrimonio etnográfico e cultural.

O BNG vai recuperar as actuacións para conservar esta parte tan importante da nosa cultura popular, e poñela en valor. Non se trata de grandes actuacións. Trátase de compromiso coa nosa cultura, e vontade para defendela. Onde o PP pon piche, o BNG vai   poñer recuperación.

Visita de Xoan Carlos González e Pilar Sotelino ao cruceiro do Esteiro.

 

Nova agresión ao noso patrimonio etnográfico, auspiciada polo goberno de Javier Bas.