Que Javier Bas, non queira ir ao debate, amosa a súa incapacidade para liderar o goberno municipal.

Que Javier Bas, non queira ir ao debate, amosa a súa incapacidade para liderar o goberno municipal.

Xoán Carlos González: “Que Javier Bas, non queira ir ao debate, amosa a súa incapacidade para liderar o goberno municipal de Redondela”.

Nas últimas horas, confirmouse un fito sen precedentes na historia democrática do noso concello: a ausencia no debate organizado pola Radio Municipal do candidato do Partido Popular.

“Vivimos nun estado pseudodemocrático, no que a exposición de propostas políticas ao conxunto da veciñanza pasa por moitos filtros, de aí a necesidade de prantexar debates como os organizados por Radio Redondela, para que os nosos veciños e veciñas, coñezan de primeira man, as propostas dos distintos grupos políticos que se presentan ás eleccións municipais”, afirma o candidato do BNG-AA á alcaldía de Redondela, Xoán Carlos González.

Recorda que, en aras dunha maior participación democrática, e “para darlle voz a aquelas organizacións que se presentan por vez primeira, ou que aínda poden ser consideradas minoritarias, naceron os debates de Radio Redondela”. Ante a convocatoria das Eleccións Municipais do 24 de maio, como nas últimas citas electorais, citouse a todas as forzas políticas para o xoves 14 de maio. Dende o primeiro momento o BNG-AA, confirmou a súa asistencia.

“A nova, de que o candidato do Partido Popular, actual alcalde, e candidato á reelección, Javier Bas, non vai a participar do debate electoral organizado por Radio Redondela, constitúe un feito sen precedentes na nosa historia democrática local”, afirma Xoán Carlos González.

Para o candidato á alcaldía de Redondela polo BNG-AA “trátase dun desplante e falla de respecto do candidato, cara os seus veciños e veciñas, e cos seus posíbeis votantes”. Continúa na súa nota, destacando que “en democracia o lóxico é que se poidan contrastar as ideas e os Proxectos, para que o electorado, poida manexar a máxima información posíbel emitindo un voto consciente”.

“Evidénciase que o candidato do Partido Popular, ten medo ao debate co BNG, posto que carece de ideas e non ten Proxecto. A súa non asistencia ao debate electoral, confírmase o que dende o BNG, sempre soubemos; que a Javier Bas íalle grande ser alcalde de Redondela”, afirma o candidato nacionalista.

“No BNG-AA, cremos na democracia, no confronto de ideas, no diálogo constante con colectivos e asociacións. Nunca lle imos perder a cara a ningún tipo de debate, ben sexa no marco do Pleno do Concello, ben sexa no formato do debate electoral. Emprazamos a Javier Bas, a que poña as súas normas para realizar un debate antes de que remate a Campaña Electoral”, conclúe na súa nota Xoán Carlos González.

Radio Redondela - off mental

 

Que Javier Bas, non queira ir ao debate, amosa a súa incapacidade para liderar o goberno municipal.