Xoán Carlos González comprométese en Redondela “a traballar pola recuperación do Casco Vello”.

Xoan Carlos González, expoñendo as propostas do BNG-AA.
Xoán Carlos González comprométese en Redondela “a traballar pola recuperación do Casco Vello”.

No acto, participaron os candidatos do BNG-AA, Yésica García, candidata nº2; David Couñago, quen ocupa o posto nº11, e a deputada no Parlamento Galego, Carme Adán.

O sábado a mediodía, foi o momento elixido polo BNG-AA, para expoñer ante os veciños e veciñas de Redondela, as súas propostas para o casco urbano.

Na apertura do acto, Yésica García, apostou por un cambio dende os concellos, como en Redondela, para desprazar ao PP dos distintos gobernos. “Trátase dun partido que forza a emigrar á xente nova, ou a traballar en condicións indignas. Trátase dun partido, que pretende eliminar os dereitos que como muller nos asisten. Trátase dun partido, que está ao servizo dos intereses dos poderosos”, afirmou.

Pola súa banda, David Couñago, fixo referencia a que “como sindicalista pido o voto para o BNG-AA, pois foi a única organización que nos deu o seu apoio nas nosas xustas reivindicacións laborais, por iso aceptei de bo grado, participar na candidatura. Como nacionalista e como mozo, temos dereito a traballar dignamente na nosa terra”, apuntillou.

A deputada, Carme Adán, salientou a necesidade de que os veciños e veciñas de Redondela, apoien organizacións como o BNG, que defenden proxectos de País, empezando polos Concellos. “Estivemos coas preferentistas, montándose a Plataforma de Redondela, a partires dun acto do BNG; estivemos cos emigrantes retornados, a quen facenda considera privilexiados; apoiamos aos mariñeiros do cerco, levando as redes de Cesantes a Bruxelas; levamos numerosas iniciativas sobre a ampliación da AP-9, ou a apertura do Centro de Día de Cesantes; apoiamos o ensino público, a sanidade de calidade, e todo isto grazas ao BNG”, afirmou ante os numerosos veciños e veciñas que se deron cita na Alameda.

Na súa intervención, o candidato á alcaldía, Xoán Carlos González, “prantexou a necesidade dunha recuperación integral do Casco Vello de Redondela, incluíndo a zoa da Esfarrapada a traveso de actuacións que permitan a familias novas, poder vivir nun entorno privilexiado”. Tamén destacou o desenvolvemento de iniciativas, para instalacións da actividade comercial, posto que neste marco, ten garantías para o seu futuro.

Destacou a necesidade, o candidato do BNG-AA, a explotar as potencialidades do Camiño Portugués, “unha vía de entrada de miles de persoas todos os anos. Debemos aproveitar este recurso para que se poidan desenvolver iniciativas que creen traballo en Redondela”.

Xoán Carlos González, referiuse á recuperación das vivendas escolares de A Marisma, para diversas iniciativas de carácter social. Adquiriu o compromiso diante dos veciños e veciñas de Redondela, a abandeirar como alcalde as demandas dun maior número de paradas do tren do Eixo Atlántico, como compensación ao impacto que a obra supuxo no Concello. Ademais a traballar para que exista un verdadeiro tren de cercanías, do que o noso concello debe resultar un dos principais beneficiados”. Asegurou que, se o BNG, se compromete, saben que se vai levar a cabo.

Outro dos eixos, aos que se referiu o Candidato á Alcaldía, centrouse na elaboración dun verdadeiro Plano de Mobilidade para todo o concello, onde se prime a redución do vehículo particular, fomentando transportes alternativos, ou desprazamentos a pé.

Finalmente fixo unha chamada á reflexión a aquelas forzas que dubidan sobre a conformación dun goberno alternativo ao encabezado por Javier Bas. “Dende o BNG-AA, pensamos que se está a tempo para cambiar de postura, nós non imos actuar con revanchismos, ou apriorismos. Consideramos que o interese dos veciños e veciñas debe estar por riba dos prantexamentos particulares, polo que agardamos que a partires do 25 de maio, haxa un novo goberno en Redondela, comandado polo BNG, pero que traballe para dar resposta ás necesidades do conxunto da veciñanza”, rematou na súa intervención, Xoán Carlos González.

Acto Público do BNG-Asembleas Abertas en Redondela.

Xoan Carlos González, expoñendo as propostas do BNG-AA.

 

Xoán Carlos González comprométese en Redondela “a traballar pola recuperación do Casco Vello”.