O BNG informa á veciñanza de Millarada, sobre as novidades da instalación dun almacén de refugallo.
Despois de coñecida a resolución asinada polo alcalde Javier Bas, en base a unha sentenza do xulgado, o grupo municipal nacionalista, recabou toda a información sobre a nova situación do expediente.
Detense en parte o procedemento, forzando a remitir todo o expediente á Consellaría de Medio Ambiente, afirma o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González.
Recorda que houbo ducias de alegacións, e que o BNG presentou a súa. Consideramos que o alcalde, Javier Bas, debería de ter informado á veciñanza afectada, para evitar especulacións e a intranquilidade. Así llelo expresamos a representantes dos veciños e veciñas de Millarada. Confía en que finalmente se lle dea a razón á veciñanza.