O BNG leva ao Pleno a Iniciativa Xabarín, da Mesa
O grupo municipal, presentou para o seu debate da sesión de outubro, a Moción que busca unha maior número de producións de audiovisual en galego.
28 out. 2021 - 08:23
A Televisión Pública Española, emite unhas cento vinte horas diarias, das que somentes trinte e nova minutos serían en galego. O noso idioma, fica novamente apartado na planificación en medios públicos.
Por este motivo, a moción presentada dende a organización nacionalista, coa finalidade que a nova Lei Xeral do Audiovisual, recolla que o noso idioma, o galego, debe ser protexido e fomentado polos poderes públicos. A presión institucional, os acordos como este que se propón, debe vir acompañada da acción individual e colectiva.
A denominada Iniciativa Xabarín, que no seu momento desenvolveu a Mesa pola Normalización Lingüística, busca que se remate cunha discriminación co noso idioma. Os nosos cativos e cativas, teñen o dereito de poder acceder aos audiovisuais en galego.
Abonda xa de que o galego, sexa un idioma despreciado dende as administracións públicas.