O BNG leva a pleno a humanización do entorno do colexio de Porto Cabeiro
Xoán Carlos González “ o proxecto publicado non afecta aos arredores do colexio, xustamente onde máis necesidade existe de inversión pública”
27 maio 2025 - 07:20
A recente publicación a traverso dos medios das obras de urbanización da estreda a Porto Cabeiro non cumpren as expectativas xeradas pola organización nacionalista. Recorda o voceiro municipal, que “trátase dun acordo co goberno municipal que agocharon durante catro anos”.
PP e PSOE pelexáronse por saír na fotografía na exposición pública do proxecto de reforma da estrada que une a N-552 en Vilar, co colexio público. Xa coa proposta na man, a organización nacionalista considerouno insuficiente, “ao non actuar precisamente no entorno do centro escolar, onde se concentra maior movemento de peóns e peoas”.
Tendo en conta as eivas da reforma da estrada o grupo municipal do BNG presentou para o seu debate unha moción para que o goberno municipal traballe para melloralo.
ACORDOS
1. Instar ao Goberno municipal a completar a execución da obra da estrada de Porto Cabeiro de maneira inmediata, ampliando a actuación á contorna do CEIP Porto Cabeiro.
2. Instar ao Goberno municipal a planificación e execución integral da totalidade da estrada, incluíndo a mellora dos accesos ao pavillón e a humanización do conxunto da contorna escolar.
3. Instar ao Goberno municipal a que convoque un consello parroquial en Vilar e Negros para informar sobre os compromisos reais da execución das fases pendentes.
4. Dar traslado deste acordo ao Consello Parroquial de Vilar e Negros, a ANPA do CEIP Portocabeiro, á Deputación de Pontevedra, como entidade que financiou a redacción do proxecto.