O BNG de Redondela reclama un modelo de financiamento máis xusto para a Galiza.

IMG-20250523-WA0017
Joám J. Romero, X. Carlos González e Montse Prado.
O pasado venres organizamos xunto á Fundación Galiza Sempre un acto na Casa da Cultura de Redondela onde analizamos o sistema actual de financiamento e o seu inxusto e arbitrario reparto
O BNG de Redondela reclama un modelo de financiamento máis xusto para a Galiza.

O público asistente mostrouse interesado nun tema chave para as clases populares galegas e contamos coas intervencións do noso voceiro municipal, Xoán Carlos González, a nosa deputada no Parlamento galego, Montse Prado, e o coautor do caderno Galiza coa chave dos seus cartos, Joám J. Romero.

Para superarmos este modelo inxusto, presentamos unha alternativa dun concerto económico para a Galiza máis xusto, simple, transparente e que garantiría a prestación duns servizos públicos de calidade.

O bipartidismo PP-PSOE afianza grande parte da súa razón de ser na mentira da dependencia económica do noso país. A soberanía política e económica son o único camiño para acadarmos unhas vidas dignas.

Participa da construción dun futuro alternativo xunto a nós desde o municipalismo e coa cabeza posta no país.


 
O BNG de Redondela reclama un modelo de financiamento máis xusto para a Galiza.