O BNG mantén o seu compromiso coa Estación de cercanías en Chapela.
Este sábado 9 de novembro algúns medios de comunicación publicaron unha información que ten a ver coa construción da nova estación de Chapela. En concreto refírese a unha batería de preguntas presentada pola deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández. No deseño dun verdadeiro servizo de cercanías, o Bloque Nacionalista Galego, considera esta infraestrutura fundamental na nosa comarca.
Davila pranténxalle ao goberno do estado que dea prazos concretos para o inicio das obras da nova estación en Chapela. Trátase dunha exixencia de carácter social, pois curiosamente a parroquia máis próxima a Vigo carece deste servizo.
Dende o Bloque Nacionalista Galego, cómpre aclarar que nunha das preguntas presentadas, produciuse un erro de transcrición, e no canto de referirse á estación de Guixar, sinala a estación de Urzáiz como a estación de referencia neste plan de cercanías.
Aclarado o malentendido, a deputada nacionalista vai volver presentar as mesmas preguntas, introducindo a correspondente rectificación na redacción do texto presentado.
Este compromiso do BNG cun verdadeiro servizo de cercanías, no que a estación en Chapela desenvolve un papel crucial, vai parello á recuperación das antigas vías que ían ata Urzáiz para uso e disfrute cidadá; a denominada Senda Verde.