O BNG non permitirá que a violencia contra as mulleres quede no esquecemento.
O BNG ESTIVO DENDE PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ PENDENTE DA CONCENTRACIÓN DO CONCELLO.
Na mañá de onte martes, espertabamos coñecendo a terríbel nova, de que no noso País, unha muller sufrira a agresión mortal do seu excompañeiro. Os feitos son, se cadra, máis cruentos neste caso posto que existía unha orde de alonxamento. Finalmente Iria..., foi asasinada en plena rúa, na tarde do luns.
Tal e como se acordara polo Pleno da Corporación, e a iniciativa do BNG, debía desenvolverse un protocolo para estos casos (colgar un lazo nun lugar visíbel do concello, colgar na páxina do concello unha nota, e facer unha concentración diante do Concello). Dende as nove da mañá o Grupo Municipal, púxose en contacto con responsábeis municipais, para saber que se ía facer. Tras varios intentos, e ás dúas da tarde, avisóusenos de que a concentración sería ás 20h. As explicacións dadas pola concelleira, en principio foron aceitadas.
Tras do acto "institucional" no que un grupo de veciños e veciñas, representantes políticos, e membros da Marcha Mundial das Mulleres, concentráronse diante do Concello. Tras o minuto de silencio, representantes da MMM, leron o mesmo manifesto lido na Comarca de Ferrolterra. Evidentemente o partido responsábel das políticas preventivas de violencia, e en defensa das mulleres, na Galiza, é o Partido Popular. A mención á (ir)responsabilidade desta forza na situación de desamparo na que se atopan moitas das nosas veciñas, non gustou ao alcalde e membros do equipo de goberno.
Seguiremos moi atentos dende o BNG, das iniciativas a prol dos dereitos das mulleres, que se tomen en Redondela. Polo que se tén comprobado neste ano de "goberno", é que as problemas da muller non son prioridade para o Partido Popular.