O BNG, parabenízase polo nomeamento de Diego San José como Fillo Adoptivo de Redondela.
O acto celebrado na tardiña do venres 5 de abril, pasará xa á historia do noso concello como o culmen dun traballo encetado dende o movemento asociativo. Coa entrega deste título pretendemos visualizar o noso apoio, non só a Diego San José e á súa familia, tamén a todos os homes e mulleres que sufriron nas súas carnes a represión da dictadura franquista.
Dende o BNG, queremos salientar o impecable traballo desenvolvido por entidades e coleitivos sociais, que foron quen de poñer sobre a mesa a proposta, á que inmediatamente nos sumamos. De todos é ben coñecido, a “incomodidade” do alcalde de Redondela, Javier Bas, por este nomeamento obrigado finalmente a apoialo, máis por interese eleitoralista, que por propia convicción. A intervención de “de Prada”, veu a quitar ferro ao que son datos históricos; que Diego San José foi condeado a morte, encadeado en San Simón, por defender o lexítimo goberno da República.
Nada que ver cos “patéticos” procesos seguidos nos útlimos anos para o nomeamento de Redondelá Distinguido, co apoio do PP, PSOE, AER. Convertíuse nun auténtico compadreo, dende a primeira edición o nomeamento do Ano de ... O BNG, desmarcouse de tal insulto á memoria dos e das homenaxeadas.
Seguiremos, xa dende o novo goberno redondelá, recuperando a memoria daqueles e aquelas que sufriron a persecución, o castigo, pagando mesmo coa súa vida, a defensa dos principios republicáns, cercenados pola barbarie da dictadura franquista.