Xoán Carlos González aposta por recuperar o equipo de fútbol feminino de máxima categoría.

“A traverso dun proceso de subvencións específicas, pretendemos recuperar unha modalidade que nunca debeu desaparecer de Redondela”, afirma o candidato do BNG. Aposta por desenvolver unhas verdadeiras Escolas Deportivas Municipais, incluíndo os deportes minoritarios.

Xoán Carlos González aposta por recuperar o equipo de fútbol feminino de máxima categoría.

 

Na elaboración da proposta de goberno para as eleicións do 26 de Maio, dende a organización nacionalista apostan por darlle un novo pulo ao deporte de base en Redondela. “Debemos recuperar a actividade deportiva como instrumento para a mellora da saúde, en todas as súas dimensións, facilitando o seu acceso ao conxunto da veciñanza”, segundo o candidato á alcaldía de Redondela.

Afirma Xoán Carlos González que “no BNG, entendemos o deporte como un instrumento de medre persoal, como unha práctica para a saúde, con especial relevanza na infancia e na adolescencia”. Aposta pola discriminación positiva daqueles clubes que integren a deportistas con capacidades diferentes”.

“Temos que recuperar o espíritu das Escolas Deportivas Municipais, permitindo o acceso dos nenos e nenas redondeláns, dos mozos e mozas deste concello a todo tipo de modalidades fomentando o espírito do esforzo coleitivo, do respeito ao rival. Esta formación contaría tamén coa complicidade de directivas e corpos técnicos, para traballar conxuntamente”, afirma.

Considera o candidato nacionalista fundamental, “ a recuperación da máxima categoría do fútbol feminino para Redondela, que hai catro anos Javier Bas deixou escapar. Moitas mozas teñen que irse fóra do concello, ao superar unha determinada idade para poder xogar”. Para iso considera fundamental “chegar a acordos cos distintos clubes de fútbol que existen no concello de Redondela, para que vía convenio, ou subvencións diferenciadas, cunha modalidade moi simbólica na equiparación de homes e mulleres”, remata na súa nota Xoán Carlos González.

 

Xoán Carlos González aposta por recuperar o equipo de fútbol feminino de máxima categoría.