O BNG preséntase como organización con credibilidade e Proxecto.

O BNG preséntase como organización con credibilidade e Proxecto.

Dende a organización local, consideramos que nos momentos de maior indefinición política, cómpre afortalar os principios sobre os que pivota o traballo en Redondela.

Nestes momentos de remate do actual mandato municipal, e en véspera do inicio da campaña electoral das municipais, para o Consello Local, faise necesario un repaso do feito.

Queremos destacar dende o BNG de Redondela, o intenso traballo desenvolvido a todos os niveis durante os últimos anos. Demostrouse, que nos momentos de dificultades polos que se atravesou, xurdiu un verdadeiro grupo de “militantes”. Queremos destacar este concepto dende a nosa organización, posto que ante o constante bombardeo mediático, de que a política non é positiva, “cómpre un verdadeiro compromiso co pobo galego, para construírmos un País soberano”.

Para o Consello Local, a militancia redondelá apostou por seguir cara adiante, traballando porque o noso concello se puidera liberar dun Partido Popular, que unicamente prioriza os intereses particulares. Tratouse dun goberno, o de Javier Bas, que careceu de Proxecto, e que calou ante os desplantes de Xunta e Goberno do Estado.

Pola contra o BNG de Redondela, seguiu actuando no seo da sociedade, compartindo as verdadeiras demandas e necesidades dos veciños e veciñas. Non se trata, a proposta nacionalista dunha actuación política “oportunista”, que se presenta unicamente en períodos preelectorais. Este xeito de actuar, tamén é un fraude para a cidadanía. O do BNG, é un prantexamento constante e continuo, asentado en principios ideolóxicos que poñen primeiro os intereses do País e dos galegos e galegas.

Queremos destacar dende o BNG a constante e permanente presenza de militantes de Redondela, en mobilizacións que se desenvolveron en toda Galiza, porque somos un País con futuro. Opoñerse á reforma laboral, apoiar e axudar a consolidar a Plataforma da Preferentes, denunciar a LOMCE, prantexar iniciativas en contra da modificación das taxas e partidos xudiciais; defensa da sanidade pública; denunciar a situación dos territorios ocupados en Gaza, e da situación no Sáhara;...

Mais tamén en Redondela, o BNG, iniciou un intenso traballo de debate interno e diálogo constante coa veciñanza e colectivos. Este proceso, deu como froito a constitución da candidatura BNG-Asembleas Abertas, que se presenta con todas as garantías de éxito e credibilidade.

O Grupo Municipal, desenvolveu un verdadeiro traballo de oposición firme e responsábel. Convertémonos na única forza que non se pregou á palabrería de Javier Bas e o seu equipo. Fíxose un seguimento exhaustivo de todas e cada unha das iniciativas tomadas polo goberno municipal de Redondela, de xeito rigoroso e responsábel.

O BNG vai continuar o seu traballo. A militancia atópase comprometida. Ofrécese, a organización local de Redondela, aberta ao diálogo de grupos e individuos, que aposten realmente por seguiren traballando no seo da sociedade redondelá con optimismo no futuro, e con visión de País.

11150335_805404939509137_4302659220009278084_n

O BNG preséntase como organización con credibilidade e Proxecto.