Para X. Carlos González “o goberno de Javier Bas, quere facer caixa a conta dos comedores escolares"

Para X. Carlos González “o goberno de Javier Bas, quere facer caixa a conta dos comedores escolares"

Na  concesión de Axudas de Comedor Escolar, para o curso 2014/2015, das 50 solicitudes presentadas, soamente 19 foron outorgadas. Dunha partida inicial de 24.000€, van ser empregados 16.000€.

Nas últimas semanas, aprobáronse definitivamente as concesións de axudas para comedores escolares do Concello de Redondela. Na convocatoria do curso 2014/2015, presentáronse 50 solicitudes, que afectaron a un total de 68 alumnos e alumnas.

Consultado o expediente por parte do BNG, constatouse que 19 das 50 solicitudes presentadas foron aprobadas. “Unicamente 26 destes alumn@s van recibir axudas de comedor escolar para o presente curso, por un montante total de 16.000€”. A xuízo de Xoán Carlos González, “se máis da metade do alumnado que presentou solicitudes, quedou fóra destas axudas para comedor escolar, algo se fixo mal dende o goberno de Javier Bas”.

“Cando se dota unha partida como a dos comedores escolares, de 24.000€, gasto similar ao empregado na Cabalgata de Reis, e aínda lles sobran 8.000€, claramente están actuando en contra das verdadeiras necesidades da cidadanía”, afirma o concelleiro do BNG. Considera que os servizos sociais, e neste caso, a atención ás demandas das familias para os comedores escolares, amósase claramente ineficaz.

Recorda que nos distintos debates sobre os orzamentos presentados polo goberno de Javier Bas, dende o BNG incidiuse en que as partidas de carácter social mantivéronse conxeladas. As diferentes liquidacións orzamentarias, certificaban que estas partidas nunca se gastaban.

O concelleiro nacionalista acusa ao goberno Bas “de querer facer caixa cos servizos sociais”. Exemplifica esta situación con casos de familias que teñen a máxima puntuación nos informes de carácter social, mais como existen débedas coa facenda local, négaselle esta axuda. En concreto refírese a solicitude de catro irmáns, que poderían chegar a recibir uns 2.500€, que non van ser atendidos vía estas axudas de comedor. Pregúntase o concelleiro nacionalista se “esta non é realmente unha necesidade de primeira orde á que a xestión do goberno de Javier Bas debe dar resposta?”.

Xoán Carlos González, comprométese a que “nun goberno municipal liderado polo BNG, os servizos sociais respostarán ás verdadeiras demandas sociais. Os veciños e veciñas deben darse conta de que se trata dun dereito adquirido, e non dunha concesión do goberno de turno”.

11141327_805402969509334_4601266754169278400_n

Para X. Carlos González “o goberno de Javier Bas, quere facer caixa a conta dos comedores escolares"