O BNG de Redondela alegou en decembro de 2019, contra unha nova factoría de Aucosa. O Concello, non.
Nos últimos días, publicitábase a intención do goberno municipal de Redondela de denegar a licenza de obra a Auxiliar Conservera, AUCOSA. As pretensións da empresa, resúmense en construír unha nova factoría duns 1.500 metros cadrados, en Punta Chapelisa, Trasmañó, en terreos da Autoridade Portuaria. Trataríase dunha nova factoría para elaboración de aceites de consumo humano, a partires da transformación de coproductos de atún.
Dende o BNG, xa amosamos a nosa satisfacción para deter as pretensións desta industria, mais agardamos que dende o Concello “cheguen ata as últimas consecuencias con esta denegación”, e non se converta nunha maquillaxe da acción do goberno.
No seu momento, en setembro do 2019, por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, publicouse a solicitude da empresa para a construción desta nova factoría. Sorprendeu ao BNG, que dende o Concello de Redondela, ou mesmo como iniciativa do PSOE, ou AER, ambos membros do goberno, non se presentara ningunha Alegación.
Dende o Grupo Municipal do BNG, si que se traballou na presentación dunha Alegación na que se rexeitaba esta obra. A día de hoxe, a Autoridade Portuaria non respostou ás mesmas.
En Plena Rede Natura 2000, Enseada de San Simón, non cabía posibilidade dunha nova construción. As alegacións que se presentaron foron as seguintes:
1. A citada solicitude de concesión administrativa, non contempla expresamente o anuncio de construción dunha nova nave industrial.
2. A actividade do complexo industrial de AUCOSA, pouco ou nada ten a ver co tráfico marítimo e portuario, finalidade e sentido do Porto de Vigo.
3. A ampliación da actividade industrial, aumentaría o tráfico de grande tonelaxe co que se incidiría nas molestias que a cotío están a sufrir os veciños e veciñas de Trasmañó.
4. A ubicación en plena Rede Natura 2000 desaconsella desenvolver actividades industriais tan nocivas para a calidade do aire, flora e fauna deste espazo.
https://www.farodevigo.es/comarcas/2019/12/17/bng-opone-ampliacion-fabrica-aucosa-15425345.html