O BNG, salienta como “moi positiva para Chapela” a adquisición dos terreos do Colexio Igrexa
O voceiro nacionalista Xoán Carlos González, destaca que “se dá un novo paso na nosa proposta de construción dun edificio multifuncional na parroquia”.
Destacan o edil nacionalista, “que os seus votos a favor permitiron desbloquear o acordo. “O voto encontra do PP, deslexitímaos para prantexar calquera alternativa para esta parcela”, engade.
Para o BNG, a adquisición destes 1.500 metros cadrados, convértese nun recurso máis nas compensacións de Fomento da ampliación da Autoestrada. Que aínda que se materialice tanto a instalación das pantallas acústicas como a reposición de viais e outras infraestruturas.
“Como xa fixemos no 2015, apoiamos a expropiación do colexio, para a construción dun novo. Quedámonos sós na defensa dunha moción para que se mantivera o vello edificio educativo, e convertelo en dotación para Chapela. Agora continuamos na liña de compensar á parroquia, para construír un novo edificio multifuncional”, recorda Xoán Carlos González
Critica a actitude oportunista do resto de forzas políticas, que en función de estar na oposición ou no goberno, adaptan as súas decisións. Cando se prantexou o convenio do 2015, AER, abstívose. Agora o PP, vota en contra. Nunha moción do BNG para manter o edificio educativo, ningún outro grupo apoiounos. “Fronte a este xeito de facer política, o BNG actuamos con rigor e responsabilidade, apoiando as propostas que consideramos positivas para a veciñanza, como neste caso en Chapela”, salienta.
Recorda que xa prantexaron dous elementos que debe contemplar o deseño do edificio, un novo local para servizos sociais, e un espazo especificamente adicado ao traballo da violencia contra as mulleres, en memoria de Sesé Mateo, veciña asasinada pola súa exparella hai varios anos. Aínda quedaría moito espazo para uso dos colectivos.
“Imos seguir traballando para arrincarlle o compromiso ao goberno municipal, para que neste espazo de máis de 1.500m se constrúa un edificio que sexa compatíbel coas nosas propostas dos grupos, e as demandas dos colectivos”, remata na nota do grupo municipal do BNG.