BNG de Redondela en Compostela coa Lingua
Convocad@s pola Plataforma Queremos Galego, miles de manifestastantes movilizáronse polas rúas de Compostela. Numerosas entidades e coleitivos, a central nacionalista CIG, o Bloque Nacionalista Galego, participaron deste acto lúdico, mais evidentemente reivindicativo.
Dende algo antes das doce da mañá, na Alameda da capital do País, fóronse congregando, ao principio centos, ata chegar a uns 20.000 manifestantes. Nin o frío, nin a choiva, disuadiron á multitude que coreou consignas a prol do noso idioma, e en contra dos intentos de españolización do Partido Popular.
Perto de dúas horas, dende o inicio da marcha ata que no estrado da Praza da Quintana, empezaron a intervir grupos da terra, e oradores. Todo o mundo, movilizándose cun único obxectivo: Acadar para o galego o status que lle corresponde.
Como xa se anunciara hai uns días tamén a militancia do BNG de Redondela tomou parte na manifestación de Queremos Galego. Un nutrido grupo de membros da organización desprazáronse ata Compostela para defender o futuro do noso idioma.
A manifestación no 17 da maio, tense convertido xa nunha data destacada no calendario da actuación militante nacionalista. O compromiso da Asemblea Local do BNG coa defensa do idioma ocupa os 365 días do ano, e en todos os eidos. Na movilización social tamén.
Coincidimos co expresado polo presidente da A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón: Non só debemos movernos porque o galego é a lingua da Galiza, e o vehículo de comunicación dos e das galegofalantes. Tamén existe un importante sector da poboación que aínda non deu o paso para usar o noso idioma de xeito xeralizado, pero ve con bos ollos unha discriminación positiva, unha inversión lingüística a prol do galego.
Nunha data de ledicia e de compromiso como do 17 de maio, tamén houbo sitio para recordar que neses mesmos momentos, o Consello de Ministros aprobaba a LOMCE. Unha lei, que entre outras, tenta apulañar o noso idioma de vez. Unha lei defendida, sen ningún rubor, pola concelleira de ensino de Redondela, Teresa París. Entre outros, un dos motivos, polos que o grupo municipal do BNG, non vai compartir estrado, cun Partido Popular, que está dando os pasos para acabar co galego.
Este ataque, e esta agresión constante que dende o Partido Popular estase centrando no idioma, vai ter unha resposta masiva de carácter cidadán e popular.
O BNG, tamén en Redondela, coa lingua, co galego.