O BNG de Redondela en contra de converter Rande nun cemiterio de barcos.
Tralas informacións verquidas no Faro de Vigo, onde se recolle a intención da Autoridade Portuaria de Vigo, de converter zoa do cargadoiro de Rande, nun peirao para barcos en estado ruinoso, constitúen toda unha agresión a un espazo tan sensíbel como a da zoa do Estreito de Rande, e a Enseada de San Simón, catalogadas como LIC Rede Natura 2000.
Dende a organización nacionalista, consideramos que a proposta pode converterse nunha nova agresión ao noso medio natural, xa de por si moi danado, poñendo en perigo o futuro da Enseada. Segundo o BNG non imos parar ata que se arquive esta proposta, ou calquera outra similar.
Responsabilizamos directamente ao presidente da Autoridade Portuaria, Emilio López Veiga, quen xa tivera un papel destacado a favor da instalación da Cementeira neste mesmo enclave.
A Ría o primeiro. Non nos imos quedar de brazos cruzados. Estamos radical e totalmente en contra desta nova agresión que deteremos entre tod@s. Lembramos que o BNG xa presentou varias alegacións ao Plan de Usos do Porto, para que desafectaran esta zoa tan sensíbel da Ría.