O BNG DE REDONDELA CUESTIONA O ASFALTADO DO “CAMIÑO DOS FRADES”.

O BNG DE REDONDELA CUESTIONA O ASFALTADO DO “CAMIÑO DOS FRADES”.

Nun escrito presentado polo Grupo Municipal do BNG de Redondela, solicitábase ao goberno municipal información sobre o asfaltado do Camiño dos Frades.

Nas últimas semanas a empresa concesionaria das obras do AVE neste treito, procedeu ao asfaltado dunha parte do vial, uns douscentos metros, como era de esperar. Mais isto non supuxo, segundo o BNG, que se repuxera o asfaltado dun tramo importante de arredor dun quilómetro de lonxitude.

Cabe recordar que durante dous anos, este treito dun quilómetro foi empregado polas concesionarias das obras do AVE, para acometer diversas obras, aterros e desterros, traslado de dovelas, … Camións de grande tonelaxe, maquinaria pesada utilizaron habitualmente esta estrada para acometar as citadas obras.

Os veciños e veciñas de Quintela e Saxamonde, sufriron e padeceron con moita paciencia as molestias ocasionadas polo movemento da maquinaria, mais esperaban que se lle repuxera e deixara en boas condicións este vial de Camiño dos Frades.

A sorpresa foi comprobar como a concesionaria somentes se limitaba a asfaltar uns douscentros metros do vial.

 

O concello asume obras que non lle corresponden.

 

Días despois o concello repoñia o asfaltado ata a intersección da N-550.

Dende o BNG, non existe ningunha xustificación para que o concello teña que asumir dito asfaltado, posto que tén que ser quen o deteriorou, quen o asuma, chegando ata a zona na que se almacenaron as dovelas do túnel de As Maceiras. Ademáis realizouse o asfaltado, e todavía camións de grande tonelaxe seguen a empregalo, o que pode supoñer un deterioro evidente nun corto espazo de tempo.

Por todo isto o BNG presentou un escrito, para que se lles informara cales son os motivos polos que o concello asume esta obra que non lle corresponde, e esixa á concesionaria unha recuperación total do vial.

O BNG DE REDONDELA CUESTIONA O ASFALTADO DO “CAMIÑO DOS FRADES”.