O BNG de Redondela exixe a reposición dunha praza de pediatría.

IMG-20200904-WA0036
Concentración no CAP de Redondela.

“Confírmase o deterioro da Atención Primaria perpetrada dende o goberno de Feijóo”. En plena pandemia, o SERGAS elimina unha das tres prazas adscritas ao Centro de Saúde de Redondela.

O BNG de Redondela exixe a reposición dunha praza de pediatría.

Nos últimos días certificouse a eliminación dunha das catro prazas de pediatría adscritas ao Centro de Saúde de Redondela. Praza que levaba sen cubrir, por baixa da titular, dende máis de dous anos. Recordan dende a organización nacionalista que un destes especialistas infantís, compartía varias xornadas semanais desprazándose ao concello de Fornelos de Montes.

Dende que se produciu a baixa, a xerencia do SERGAS, deu instrucións para que as cartillas correspondentes a esta profesional, se derivaran ao resto de compañeiras. Tratábase dunha sobresaturación da atención pediátrica, cronificada nos últimos dous anos.

Describen que, dende as familias, “vivíase con interese a inminente alta da persoa da pediatra para unha mellor atención aos cativos e cativas”. “Esta, produciuse hai varios días, mais, no canto de volver ao servizo en Redondela, desviárona para que exercera en Vigo, sen máis explicacións”.

Dende o BNG, exixen a reposición desta terceira pediatra en Redondela, “para garantir a mellor atención a un colectivo, como o das crianzas, e nenos e nenas, que están tamén padecendo os efectos da COVID”.

“O goberno Feijóo, non pode seguir executando políticas de desmantelamento da sanidade pública en Redondela. A atención pediátrica débese cubrir, segundo as ratios normais, para dar resposta ás necesidades sanitarias, e á calidade do servizo”, rematan na súa nota dende a organización nacionalista.

O BNG de Redondela exixe a reposición dunha praza de pediatría.