O BNG de Redondela interésase pola Escola Infantil de Chapela

O BNG de Redondela interésase pola Escola Infantil de Chapela

Despois do anuncio da primavera pasada, non existe ningún proxecto concreto.

Neste días de inicio do curso escolar, tamén para as escolas infantís e garderías, o Bloque Nacionalista Galego dirixiuse ao equipo de goberno para que informara sobre a situación actual do Proxecto de construción da Escola Infantil de Chapela.

En outubro de 2012, fíxose público o anuncio de que a Consellaría de Traballo, por medio do Consorcio, ía construír unha escola infantil en Chapela. Meses máis tarde, coñecéronse algúns aspectos concretos, como a inversión de máis de 600 mil euros, e que a Escola Infantil permitiría atender a 30 cativ@s de 0 a 3 anos.

O máis chamativo do Proxecto, era a ubicación de dita escola. En contra do esperado polo BNG de que fora en terreos públicos, o concello elixiu os baixos do Colexio Alexandre Bóveda. Esta proposta “peregrina”, cando menos, contou co rexeitamento frontal, entre outros, da comunidade educativa, pois estes baixos, non cumprirían nunca unhas condicións mínimas de calidade.

Pretendía, unha vez máis o goberno de Javier Bas, presentar un Proxecto “abraiante”, ao que ninguén se podería resistir. Foi a rápida resposta de colectivos e forza políticas en contra desta ubicación, a que fixo recuar ao goberno municipal.

 

Escola Infantil para Chapela.

A parroquia máis poboada de Redondela, debe ter, nos vindeiros anos, unha dotación de carácter social, como a Escola Infantil;por iso dende o BNG, xa se traballou no goberno municipal, e co bipartito de A Xunta, para dar pasos en firme.

O goberno de Javier Bas, non se pode tomar o asunto como un anuncio calquera.Como noutras ocasións, o Grupo Municipal do BNG, vai seguir demandando que se elabore un Proxecto de calidade para Chapela. Vainos nelo a conciliación da vida familiar, e a calidade do ensino das nosas xeracións futuras.

O BNG de Redondela interésase pola Escola Infantil de Chapela