O BNG de Redondela interésase polo futuro do convenio Interparroquial.
O Convenio vénse asinando dende hai máis dunha década.
Nas últimas xuntanzas mantidas entre diversos colectivos culturais do concello de Redondela, prantéxase sempre a dúbida sobre o futuro do Convenio Interparroquial. Este convenio asinado entre o Concello e as Entidades Culturais ,afecta a practicamente todas as asociacións culturais, grupos de baile, corais, grupos de teatro, e de todo tipo que actúan no eido da cultura en Redondela.
Con este acordo, que leva xa en funcionamento máis dunha década, asegurase a actividade destas agrupacións no ámbito local. Permítelles, poder organizar un calendario anual de actividades, en diferentes parroquias de Redondela, o cal ademais de asegurar uns ingresos, facilítalles a difunsión do seu traballo.
Dende o BNG quere destacarse, como o Convenio Interparroquial, garante que o traballo dos veciños e veciñas, afeccionad@s nun determinado eido da cultura en Redondela, pode ter a súa visualización pública no resto do concello. Tamén quérese destacar, que se trata dun bo exemplo da actividade e vida cultural nas diferentes parroquias.
Segundo diversas entidades, o goberno de Javier Bas pretende acabar con este Convenio. Para a organización nacionalista trataríase dun varapau do goberno municipal de Redondela, ao movemento cultural.
Con tal motivo, dende o Grupo Municipal do BNG presentouse un escrito no lle piden ao alcalde de Redondela, que lles aclare cal vai ser o futuro do Convenio Interparroquial.
Agardan dende o BNG, que se trate unha vez máis dunha estratexia falida por parte do goberno do PP, e que o Convenio se manteña tal e como está, co obxectivo de que o movemento cultural en Redondela teña futuro.