O BNG DE REDONDELA LEVA AO PLENO O ASUNTO DO GRUMIR
Desconfiamos da resposta dada polo concelleiro de Interior, Arturo González
No apartado de preguntas do Pleno do 28 de marzo, o concelleiro Xoán Carlos González presentou unha que tiña a ver coa situación dos GRUMIR en Redondela.
Había varias semanas que un medio de comunicación desvelaba que a consellaría de Traballo estaba tramitando unha axuda de perto de 45 millóns de euros para poder contratar os servizos de GRUMIR.
A resposta dada polo concelleiro de Interior, Arturo González, non convenceron ao concelleiro do BNG. Considera que de ser coñecedores dendê o goberno municipal de tal iniciativa, xá se terían iniciado contactos cós membros deste servizo ademais da consabida resposta mediática. A información que se lles facilitou foi na víspera do Pleno, transmitíndolles pouco mais que exposto no mesmo.
A problemática creada póla propia Xunta de Galiza, hai arredor dun ano cós Grupos de Intervención Rápida, foi aproveitada de xeito eleitoralista polo PP para gañar votos. Ao pouco de tomar posesión, o equipo de goberno recoñeceu que non estaba na súa man a solución do problema, mesmo querendo implicar á secretaria do Concello, co obxectivo de desviar a atención sobre as súas mentiras.
O actual alcalde de Redondela, Javier Bas, e o concelleiro de Interior, son responsábeis directos de ter engañada á cidadanía afirmando no seu momento que era única e exclusivamente responsabilidade do goberno municipal a solución do problema.
Póla nosa banda, dendê o BNG actuamos con moita seriedade e respeito, posto que se poñía en perigo un servizo de primeira necesidade, e unha ducia de postos de traballo. Nas diferentes xuntanzas que representantes da nosa organización tiveron cós membros do GRUMIR, aclarámoslles a nosa postura. A solución do problema pasaba porque a Xunta de Galiza, volvera aos convênios de colaboración côas corporacións locais dunha liña de axudas para poñer en marcha dito servizo.