O BNG de Redondela mobilízase a prol da soberanía.

O BNG de Redondela mobilízase a prol da soberanía.

5.000 persoas na manifestación en Compostela, para a rexeneración democrática

Convocados por diferentes organizacións sindicais, culturais, estudantís e políticas, miles de manifestantes desfilaron dende a alameda compostelá, ata Praterías. O obxectivo da marcha concretábase, na exixencia dunha rexeneración democrática, apostando pola soberanía nacional, concretada, no exercicio de autodeterminación.

Como manifestou o propio portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, “todos os pobos teñen dereito a elixir o seu destino; e o pobo galego non vai ser menos”. Cando no propio estado español, Euskadi e Cataluña, e outras nacións como Escocia, Irlanda, o Quebec,... aspiran a formar parte dun novo panorama internacional, dende as organizacións nacionalistas débese poñer enriba da mesa o dereito da Galiza a formar parte deste novo orde mundial.

Nun momento en que a crise económica e política, azouta a todos os estratos sociais, o pobo galego debe ter unha estratexia de superación pensando nos nosos intereses colectivos como pobo. Soberanía para termos capacidade de decisión sobre o modelos social e os fluxos económicos e democracia para facer prevalecer os intereses da maioría.

Participación da militancia de Redondela.

A organización local do BNG, tamén se desprazou ata a capital do país, para participar desta mobilización. “Cómpre unha resposta social, unha mobilización contínua e constante dende todos os recunchos da Galiza”, manifestou o responsábel local, Xavier Balsas. “Sempre está presente na acción política da nosa organización en Redondela, que a rexeneración democrática vén da man da mobilización e da acción social”.

A pesares de que a estratexia do Partido Popular concrétase en culpar ao nacionalismo como o causante de todos os males, é esta forza, e tamén o PSOE, quen nos levou a esta situación.

As rúas de Compostela tamén serviron para manifestar que “non todas as forzas políticas son iguais; que o BNG actuou sempre dende a base social, defendendo os intereses da Galiza, por iso somos incómodos para o sistema”.

Ao remate da manifestación, na praza de Praterías, os alí congregad@s escoitaron un manifesto conxunto, e cantaron o himno galego.

O BNG de Redondela mobilízase a prol da soberanía.