O BNG de Redondela preocupado polo Ciprés de A Xunqueira.

Estado actual do Ciprés de A Xunqueira
O BNG de Redondela preocupado polo Ciprés de A Xunqueira.

O  estado de saúde e perigosidade  que presenta o  Ciprés que se atopa situado tras os Xulgados de Redondela e xunto ao parque infantil de A Xunqueira debera ser obxecto de preocupación para o concello.

Xa nos meses de inverno podíase apreciar, polo seu aspecto enfermizo, que o Ciprés estaba a padecer algunha patoloxía que provocaba que as súas follas secasen de maneira considerábel , provocando que dita árbore perdese a maior parte da súa follaxe nos seguintes meses.

Ao non ter tomado as medidas oportunas a tempo dito proceso estendeuse por toda a árbore provocando a súa decrepitude e evidente estado de seca, dando como resultado a alarmante situación actual deste importante exemplar vexetal para a nosa vila.

Dadas estas circunstancias, e si non son tomadas as medidas oportunas, prevese que a morte de dito exemplar provocará que tanto as súas ramas como a propia árbore en si, corran risco de desprendemento ou a súa propia caída, que, ante a proximidade do parque infantil fai que esta sexa unha situación perigosa para os seus usuarios tanto pais, nais como cativ@s.

Por este motivo, Cecilia Pérez Orge, concelleira do GM do BNG

SOLICITA

-          Unha copia do informe das analises pormenorizadas do estado de saúde do exemplar mencionado.

-         Si este informe non existe, a realización do mesmo para tomar as medidas oportunas de recuperación e saneo si é posíbel, ou que garantan a seguridade para os cidadáns que fan uso do parque infantil.

REDONDELA 13 DE SETEMBRO DE 2013

ASDO: CECILIA PÉREZ ORGE

SR-ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE REDONDELA

Estado actual do Ciprés de A Xunqueira

O BNG de Redondela preocupado polo Ciprés de A Xunqueira.