Javier Bas non apoiou a moción na que se recollía unha reforma integral do campo de fútbol de O Viso

Javier Bas non apoiou a moción na que se recollía unha reforma integral do campo de fútbol de O Viso

Xoán Carlos González: “A remodelación do Campo de Fútbol de Cesantes, converteuse nunha das principais demandas do Consello Parroquial dende hai anos”.

O goberno de Javier Bas, non apoiou a moción na que se recollía unha reforma integral do campo e a súa xestión polo concello.

 Non sentou nada ben entre o goberno municipal, a presentación por vía de urxencia da moción do BNG sobre o arranxo do Campo de Fútbol de A Gándara, na parroquia de O Viso. O nerviosismo e a impaciencia caracterizaron as intervencións do concelleiro Miguel A. Ballesteros, e as interrupcións do alcalde, Javier Bas.

O concelleiro nacionalista, xustificou a presentación da urxencia, pois a semana anterior celebrárase o Consello Parroquial, onde se volvera a debater, entre outras, a problemática deste equipamento deportivo. Ante a falla de iniciativas concretas do goberno municipal, correspondeulle unha vez máis á oposición poñer o problema enriba da mesa.

O goberno municipal non apoiou a moción.

Na exposición de motivos recollíase, non só o estado de deterioro tanto do terreo de xogo, como das bancadas ou vestiarios. Facíase mención a unha petición feita pola Escola de Fútbol Base, de uso das instalacións de Santa Mariña, por mor desta situación e da negativa de moitos clubs a xogar en A Gándara.

Rexeitou o concelleiro nacionalista, as acusacións tanto do PP  de que a moción era oportunista. “Durante máis de dous anos esperouse pacientemente á busca dunha solución ao problema do Campo, converténdose nunha demanda prioritaria do Consello Parroquial. Agora que se inicia a liga, debe ser o momento no que se poñen Proxectos e acordos enriba da mesa”, afirmou Xoán Carlos González.

O grupo de goberno viuse forzado a explicar o sentido do seu voto,  ao non apoiar a iniciativa contemplada na moción. Sorprendeu dita decisión ao grupo municipal nacionalista, que si contou co respaldo de AER e PSOE.

Gabouse o goberno municipal de que maquinaria da Deputación xa estaba a traballar no campo. Causou estupor entre a organización nacionalista, que se utilizara o Campo de A Gándara como aparcadoiro durante as festas da pasada fin de semana, co conseguinte deterioro do terreo de xogo.

Orzamentos do 2010

Consideran, dende a organización nacionalista, que a actuación nos últimos días de maquinaria da Deputación no Campo de A Gándara, confirman a improvisación coa que actúa o goberno de Javier Bas.

Finalmente apuntan que nos orzamentos do 2010, prorrogados para o ano 2011, existía unha partida de 100.000 euros para asinar un convenio coa Deputación Provincial. Dito convenio non se concretou, descoñecendo o Grupo Municipal do BNG, en que se materializou esta partida.

 

 

Javier Bas non apoiou a moción na que se recollía unha reforma integral do campo de fútbol de O Viso