O BNG de Redondela presenta unha moción sobre o Centro de Transformación no barrio de Portela-Outide

O BNG de Redondela presenta unha moción sobre o Centro de Transformación no barrio de Portela-Outide

Son varias as parroquias do noso concello que se ven afectadas polas  liñas de media e alta tensión que a empresa Unión Fenosa veu instalando ao longo dos anos. Son numerosos os estudos elaborados sobre os efectos mediambientais e sobre a saúde pública que se producen pola exposición continua aos campos electromagnéticos producidos polas liñas de alta e media tensión, as subestacións, transformadores e outras infraestructuras eléctricas.

A  finais do pasado mes de novembro a empresa Unión Fenosa procedeu ao inicio das obras para instalar un Centro de Transformación de Media Tensión no barrio de Portela-Outide no lugar de Baixada á Estación. O inicio destes traballos estivo acompañado polas protestas dos veciños/as da zona, que rexeitan esta instalación nas proximidades das súas vivendas.

 Días despois de que o concello paralizara as obras a empresa reiniciou os traballos ante a preocupación dos residentes pois consideran que instalacións deste tipo poden ter unha incidencia negativa para a  súa saúde baseada, entre outros datos,  na elevada porcentaxe  de enfermos con cancro dos vecinos da zona. A través de varios escritos dirixidos á alcaldía solicitaban o cambio de ubicación da instalación para unha  zona alonxada das vivendas e do parque infantil.

O Concello,  aplicando o principio de precaución xeralizada, debe garantizar o benestar e a saúde dos seus veciños e veciñas e é polo que o grupo municipal do BNG solicita do pleno da Corporación Municipal de Redondela a adopción do seguinte  acordo:

-         Que por parte do Sr Alcalde se convoque, nos próximos días, unha xuntanza na que participen unha  representación dos veciños/as ,

representantes de Unión Fenosa e dos grupos políticos presentes na Corporación para  buscar alternativas a esta problemática.

 

O BNG de Redondela presenta unha moción sobre o Centro de Transformación no barrio de Portela-Outide