O BNG de Redondela, proponlle ao goberno que impulse o fútbol feminino
Debemos aproveitar o pulo do Mundial para recuperar o futbol feminino en Redondela, Jéssica García.
04 set. 2023 - 09:07
Na temporada pasada, o fútbol feminino na categoría superior non contou coa presenza de ningún equipo no noso concello. A falla de fichas no Clube de Fútbol Chapela, fixo que o ano pasado desaparecese o equipo feminino. Había anos xa que o CD. Choco non contaba con esta sección.
“Dende o BNG cremos que o goberno municipal debe aproveitar o pulo do Mundial Feminino para traballar na recuperación dos equipos femininos, polo simbolismo que para moitas rapazas constitúe”, sinala a concelleira nacionalista Jésica García.
Entende que o cambio de directiva do CD. Choco ou negociar co Chapela podería ser un bo momento para retomar e impulsar o equipo feminino. “En todo caso, xa como temos sinalado noutras ocasións o goberno municipal debe desenvolver unha liña de subvención económica para apoiar inicialmente o clube feminino.
Outra das posibilidades que valoran dende o BNG, consiste na creación das Escolas Deportivas Municipais. “Crear un equipo de fútbol feminino para que boten a andar estas escolas sería todo un éxito para o recoñecemento dos dereitos das nosas nenas, e as nosas mulleres, afirma finalmente Jésica García