O BNG indignado ante un “goberno amigo” que ignora a Rotonda dos Valos nas obras da N-550
“PSOE-Podemos(Sumar) mantén o radar con fins lucrativos sen dar unha solución a un perigoso cruzamento”, denuncia Xoán Carlos González Campo.
04 set. 2023 - 09:00
O recente anuncio de melloras de seguridade viaria na estrada estatal N-550 volve a ignorar a construcción dunha Rotonda dos Valos. Esfúmase o discurso de que a presenza dun “goberno amigo” en Madrid, vai permitir que Redondela mellore en investimentos. A coalición PSOE-Podemos(Sumar), non se compromete co noso concello, nin coa nosa bisbarra.
De nada serven acordos do Consello Parroquial, acordos plenarios, ou emendas aos orzamentos do Estado, dende hai dez anos presentadas polo Bloque Nacionalista Galego.
O peso de Redondela, como o do resto de Galiza vai depender da necesidade de apoios que o goberno do estado plantexe. “Moitos falan de chantaxe, nós consideramos que se trata de capacidade de presionar”, recalca o voceiro nacionalista en Redondela, Xoán Carlos González Campo.
“Saben da perigosidade do cruzamento nos Valos, que necesita de urxentes medidas de seguridade viaria, como sería a construcción dunha rotonda”, sinala. Considera o voceiro nacionalista “que o único interese do goberno español, é o recadatorio cun radar que é dos que máis multa en toda Galiza”.
Entende que compre seguir presionando ao goberno estatal, “sexa quen sexa presidente nos vindeiros meses. Non nos casamos con ninguén”, remata na súa nota.