O BNG de Redondela reclama o arranxo do campo de fútbol de O Viso
Levamos a situación da instalación ao último Consello Parroquial.
A inminencia do inicio da temporada é vista con preocupación por parte do Bloque Nacionalista Galego en canto ás infraestruturas deportivas no concello. En concreto destacar a situación de abandono, por parte do equipo de goberno de Javier Bas, do campo de fútbol de O Viso.
O BNG lembra que Hai xa varios meses que se levou este tema ao Consello Parroquial, e por parte do goberno municipal, no se fixo absolutamente nada. A situación reviste maior gravidade, pois na campaña electoral, comprometéronse a que este sería unha das prioridades da parroquia.
Unha mostra máis de que naquel momento, as falsidades completaban a oferta de Javier Bas. Acusamos directamente ao alcalde e ao concelleiro de deportes, Jesús Crespo, de pensar unicamente en megaproxectos, abandonando outras instalacións no resto do concello.
Deterioro irreversíbel.
As instalacións do campo de fútbol de O Viso están nunhas condicións terceiromundistas. Tanto a situación da propia cancha de xogo, como os vestiarios e bancadas carecen de condicións mínimas para a práctica de calquera deporte. Dende o BNG constatamos como incluso clubs deportivos infantís rexeitaron xogar nestas instalacións, ante o que dende est organización calificamos de deterioro irreversíbel.
Dende o BNG, instamos ao equipo de goberno a que preste tamén atención ás instalacións deportivas que están nas parroquias para que se poidan desenvolver actividades deportivas nas mesmas condicións que nas que existen na Vila.
Como se plantexou no propio Consello Parroquial, esiximos que se asine un convenio coa Deputación para acometer o arranxo integral do campo de fútbol de O Viso.
Por todo isto, dende o Bloque Nacionalista Galego, imos tomar diversas medidas nas vindeiras semanas.