O BNG DE REDONDELA RECLAMA SANCIÓNS CONTRA OS ANUNCIOS DAS TOURADAS.
A empresa utilizou as marquesinas do concello para anunciar estes espectáculos.
Os homes e mulleres do Bloque Nacionalista Galego, rexeitan frontalmente as torturas ás que son sometidos os touros na denominada festa nacional. Trátase dun esforzo por manter a cultura da España cañi, que pouco ou nada tén que ver coa verdadeira cultura popular do noso País. As touradas, como espectáculo público, no que os animais son sacrificados dun xeito sádico, despois do regocio do público, son unha mostra dun xeito de entender a cultura, totalmente desfasado.
Aproveitando as festas da Peregrina, en Pontevedra, anúncianse estes festexos. As marquesiñas do concello de Redondela, ao pé das estradas de âmbito estatal son utilizadas póla empresa, para publicitar ditas touradas, causando un deterioro ao patrimônio municipal.
Nestes dias, o BNG vén de dirixirse ao goberno municipal do Partido Popular, para que faga cumplir a Ordenanza municipal reguladora da xestión e do tratamento de resíduos sólidos urbanos, da limpeza de espazos públicos e da salubridade. En dita ordenanza, prohíbese expresamene colocar cartéis fóra dos elementos colocados expresamente para tal fin.
Tamén se cataloga este tipo de pegada no moviliario urbano, como falta grave, o que pode ser obxecto dunha multa de entre 750 e 1.500 euros. No caso de reincidência da infracción pódese chegar aos 3.000 euros.