O BNG DE REDONDELA TACHA AS DECLARACIÓNS SOBRE A LONXA DE CESANTES, COMO “BURLA Á CIDADANÍA”.

O BNG DE REDONDELA TACHA AS DECLARACIÓNS SOBRE A LONXA DE CESANTES, COMO “BURLA Á CIDADANÍA”.

Demóstrase agora que os diferentes anuncios de Portos, serviron únicamente como plataforma eleitoral de Javier Bas.

A información transmitida estes días sobre a xuntanza do alcalde de Redondela, Javier Bas, coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, poden considerarse de decepcionantes. Decepcionantes principalmente para o coleitivo de mariñeiros e pescadores da Confraría de Cesantes, que acreditaron na palabra de Javier Bas, e diferentes representantes de Portos de Galiza. Xogouse en todo momento coas arelas dun coleitivo de máis de catrocentos traballadores e traballadoras do mar, e ás súas familias.

Dende o BNG califican as declaracións da conselleira de “falsas promesas eleitorais”, que  non fan máis que confirmar o ninguneo ao que queren somenter a este coleitivo en particular, e ao conxunto de redondeláns en xeral.

 

Proxecto pantasma.

O Proxecto de renovación do conxunto do Peirao de Cesantes, chegou a ser valorado en seis millóns de euros, no que se contemplaba a renovación total da lonxa, a pivotaxe do peirao, e novas instalacións para os mariñeiros e mariscadores e mariscadoras. Finalmente as instalacións da lonxa foron nas que, presuntamente, se iban a centrar os esforzos da consellaría. En todo caso sempre se tratou dun Proxecto pantasma, por carecer de partida orzamentaria.

O Grupo Parlamentario do BNG  plantexou varias iniciativas e proposicións para que se fixeran públicos os prazos e diferentes orzamentos para este Proxecto. As evasivas foron as respostas que sempre deron os membros da consellaría.

 

Mesa de Seguemento.

Critica durante o Bloque Nacionalista Galego, que o alcalde evitara xuntar ás Mesa de Seguemento das Obras da Lonxa. Dita Mesa foi creada con grande fasto para dar conta de todas e cada unha das novidades de dita obra. Na Mesa había representación dos diferentes grupos políticos, da confraría e coleitivos vinculados ao mundo do mar.

 

Axente eleitoral do PP

O BNG acusa ao alcalde Javier Bas de mentirlle aos membros do pósito, e aos veciños e veciñas de Redondela, posto que sempre foi coñecedor de que non existía un Proxecto en firme.

Con ditas declaracións exerce o alcalde de Redondela de axente eleitoral do PP. Un alcalde de Redondela, que sempre se gabou de que iba a defender os intereses de Redondela por riba de todo, pero que se amosa sumiso nesta ocasión coa Consellaría.

A renovación da Lonxa de Cesantes, non se pode plantexar como unha promesa eleitoral máis. Debe considerarse como unha necesidade urxente, para que a venda na lonxa poida efectuarse coas máximas garantías de salubridade e calidade. Córrese o risco de que se a obra se dilata no tempo, a poxa diaria pase definitivamente a outras lonxas.

O BNG DE REDONDELA TACHA AS DECLARACIÓNS SOBRE A LONXA DE CESANTES, COMO “BURLA Á CIDADANÍA”.