OBXECTIVO CUMPRIDO PARA O BNG: A LIMPEZA NO SE VAI PRIVATIZAR (DE MOMENTO).

OBXECTIVO CUMPRIDO PARA O BNG: A LIMPEZA NO SE VAI PRIVATIZAR (DE MOMENTO).

Se o ano pasado foi a presión veciña e a denuncia dos grupos da oposición a que “forzou” ao goberno do PP a desmentir que o obxectivo da tala de plátanos na Riveira era o de convertilo nun aparcadoiro privado; no Pleno de Agosto, a situación foi algo semellante.

En canto o Grupo Municipal do BNG coñeceu por informacións transmitidas polos propios traballador@s, das xestións iniciadas dende o equipo de goberno, co fin de privatizar a limpeza da Praza de Abastos en Redondela, e da limpeza de xardíns en Chapela, púxose a traballar nesta cuestión.

Tratábase de defender unha vez máis a calidade do servizo prestado polos empregad@s municipais (labor que os propios concelleiros do PP tentan desacreditar contínuamente) . Corríase o risco, e aínda se vai correr no futuro, de que dos poucos servizos que quedan  por ser xestionados directamente polo concello, poidan manterse. Deste xeito garántese que o seu labor repercute positivamente no conxunto da cidadanía.

A pesares do engano dialéctico que dende as filas do PP se quixo xerar no debate, conseguíuse que por maioría se acordara deter esta privatización. Alberto Pazos, como voceiro popular, expuxo que distintos servizos municipais foran privatizados en tempos do BNG, formando parte do goberno municipal.

Cecilia Pérez, desmetíu as afirmacións de Alberto Pazos, aludindo a que non había nin unha soa privatización de servizos municipais, que contaran co visto bo do Bloque Nacionalista Galego. En todo caso, afirmou a voceira nacionalista, “dende as súas responsabilidades no goberno municipal, o BNG sempre defendeu as condicións laborais dignas, e destacou a confianza no labor dos traballadores e traballadores do concello de Redondela”.

Finalmente Cecilia Pérez agradeceu o apoio dos outros grupos, amosando a súa satisfacción porque a moción fora aprobada.

OBXECTIVO CUMPRIDO PARA O BNG: A LIMPEZA NO SE VAI PRIVATIZAR (DE MOMENTO).