O BNG vai a pola eliminación da cartelaría pegada.
Propuxo que somentes se empregara cartelaría aérea e reutilizábel.
No Pleno de outubro, o Partido Socialista presentou unha moción, que tiña a ver coas pegadas en procesos eleitorais. Tratábase, sen nengún tipo de dúbidas, dunha proposta con claros tintes demagóxicos.
O concelleiro do BNG de Redondela, Xoán carlos González, expuxo na súa intervención unha das liñas base nas últimas campañas eleitorais, a eliminación de cartelaría pegada. Supón unha proposta que pode converter a Redondela nun dos primeiros concellos do País nos que se elimine este tipo de publicidade.
Na súa intervención referíuse ao uso de cartelaría nas Campañas, como unha necesidade, principalmente das forzas máis pequenas. Nin medios de comunicación, empresas, campañas de publicidade,... As pegadas, o reparto en man, pancartas, cartelaría aérea, os propios mitins, ou encontros sectoriais... en definitiva o contacto directo a pé de rúa, constitúen a base das Campaña Eleitoral do BNG. Tamén sinalou, que dende a forza política que representa, consideran que debe ser ao longo dos catro anos cando se tén que facer este tipo de traballo.
Mais a acción concreta das pegadas vense cuestionando no seo da forza nacionalista, pois a cartelaría aérea, considérase a máis axeitada. Ademáis a cartelaría xenérica, que se pode utilizar noutras Eleicións, tén cada vez máis cabida nas Campañas do BNG, posto que pode ser a máis respetuosa medioambientalmente.
Deste xeito, Xoán Carlos González, emplazou ao voceiro do PSOE, a que se recollera como único punto da moción a eliminación da cartelaría en papel e que fora substituída por cartaces aéreos, PVCs, ou pancartas. Ao non ser aceitada, o BNG non tivo máis remedio que oporse á proposta dos socialistas, pois redunda no que se trata de eliminar.
Eliminar de vez a cartelaría en papel, as pegadas, será un dos retos do Bloque Nacionalista Galego, nas vindeiras contendas eleitorais, co obxectivo de que sexa substituída por material xenérico e reutilizabel, máis respetuoso medioambientalmente.