O BNG volve demandar protagonismo das traballadoras de Regojo na praza da rúa 8 de Marzo.

sdr
No ano 2021 lamentou que nas obras de remodelación da praza unha única frase resumía décadas de esforzo e traballo de centos de mulleres na factoría.
O BNG volve demandar protagonismo das traballadoras de Regojo na praza da rúa 8 de Marzo.
O éxito da posta en escena “As Mullers do Téxtil”, recuperou a memoria silenciada de centos de mulleres que durante décadas levantaron co seu traballo todo un imperio industrial como o das camisas de Regojo.
No 2021, coas obras de remodelación da praza da rúa 8 de Marzo, onde aínda permanece a chimenea da factoría, o BNG desenvolveu un acto reivindicativo. Aquelas obras, evitaron poñer en valor o esforzo, o traballo e a loita sindical para manter a empresa a flote. 
Naquel acto denunciábase que as obras do concello evitaran deixar testemuño dunha parte recente da historia de Redondela, coas mulleres de protagonistas. “Mesmo colocouse polo BNG de xeito simbólico un panel cunha escolma de fotografías que a alguén non lle debeu gustar, pois arrincárono aos poucos días”.
Trátase dun feito de xustiza social e memoria colectiva da historia de Redondela, polo que volvemos exixir que na praza da rúa 8 de Marzo se instalen paneis informativos reivindicando o traballo de centos de mulleres que durante décadas mantiveron a flote a Camisería de Regojo.
O BNG volve demandar protagonismo das traballadoras de Regojo na praza da rúa 8 de Marzo.