Encontro do BNG co representantes da comunidade educativa de Chapela
Manter no vindeiro curso o programa escolar de waterpolo
10 xul. 2023 - 12:16
A promoción de deportes alternativos enmarcados dentro da mellora da saúde dos nosos e nosas escolares, está sendo un dos centros de atención da comunidade educativa de Chapela. Tanto os colexios Igrexa, Alexandre Bóveda, e Laredo xunto co IES participaron ao longo deste curso dunha novidosa iniciativa que levaba a que centos de escolares se iniciaran na actividade deportiva do waterpolo.
Para coñecer polo miúdo o Proxecto o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González, mantivo unha xuntanza con membros de comunidade educativa. “Varios centos de rapaces e rapazas participaban nunha terceira hora de Educación Física na piscina municipal de Chapela”.
No encontro púxose enriba da mesa as numerosas trabas que está a prantexar a concesionaria. O voceiro nacionalista, manifestou que a alcaldesa Digna Riva debe recordarlle á empresa de quen é propiedade a instalación, e que a súa función é temporal.
Xoán Carlos González tranquilizou aos alí presentes pola viabilidade e o futuro do Proxecto O compromiso adquirido polo BNG de traballar co goberno municipal para manter e mesmo ampliar unha iniciativa educativa e deportiva das máis novidosas da nosa bisbarra.